Menu Content/Inhalt
Inicio
Benvida
                                                        Optimizado para Mozilla Firefox a 1024 * 768

 

NOSTALXIAS DUN VERÁN SOVIÉTICO

Bibiano en Rusia
Di él, nese ton xocoso que sempre o acompaña, que elexiría o verán de 1917, que é o da Revolución rusa, pero ainda non estaba nesta terra. Nostalxias dun empresario que tivo larga militancia en tempos flamíxeros de xuventude. xa en serio, Bibiano conta que a súa elección podería ter sido aquel primeiro verán diferente que recorda escarbando na súa memoria, que foi coas colonias da Caja de Santiago na la praia de Barraña, todo vestidiño de azul e con non máis de 10 anos. Pero non, tampouco foi ese.

A verdade é que a este promotor musical, cantante e militante público do PC en anos contra Franco con reciclaxe empresarial postreiro, véñenlle á mente veráns diferentes cando lle suxerimos que nos fale de un. E, curiosamente, unha parte dos que primeiro cita transcorren na casa de tíos diversos. Non é estraño, eran solucións de rede familiar para viaxar en tempos en que non había diñeiro ou pagos a crédito.

Familiares estíos

"Podería falar -comenta- de aquel verán en A Coruña coa miña tía Tránsito, que vivía nas casas militares, no que bañábamosnos na piscina elitista de La Hípica porque, ainda que pobres, ser de familia militar tiña entón certas prebendas. Ou o que pasei en Vilaxoán Bibiano no seu estío soviéticooa miña tía Fernanda, cando refuxieime alí para curar dun mal de amores; ou o de Figueres en Xerona co meu tío Dámaso, xa adolescente, naqueles tempos de Franco en que tiña cerca un Perpignan francés en cuio cinema podíase ver o que era impensable no español. ¡Buf, aquel morbo!".

Con Bibiano achamos, sen buscalo, todo un surtido de veráns que lle sobreveñen como en cascada. Xa máis preto, casi nos 80, recorda aquel "verán negro" alá na Barra de Corimba, en Angola, e aquel día no bar "Cos peçinhos na auga" comendo langosta con Xosé Afonso, invitados como artistas pola Unión de Escritores Angoleños.

Son moitos veráns os que axexan de repente ó retrovisor da súa mente pero non dubida: elixe o soviético ainda que está á volta da esquina, nese ano 2000 preludio do século XXI. "Aquel ano recibín como regalo da miña muller, Matusa, un viaxe a unha cidade que estivera no meu horizonte mítico, ainda que nunca a visitara: Moscú. Fomos primeiro a San Petesburgo e pasaba o tempo entre o Palacio de Inverno -ainda que fora verán- e o barco Aurora, dende o que se lanzou o primeiro canonazo da revolución soviética, algo así como o 'Grandola vila morena' ruso. Certo que cando fun alá xa non era un devoto, xa todo estaba inventado, e máis que nada comprobei como o antiguo poder popular dos soviets fora sustituido polo da mafia rusa".

Pero recoñece que se emocionou ó entrar no Kremlim e contivo lágrimas na Plaza Vermella. Era moito pasado o que lle volvía, tras chegar dende San Petesburgo no tren "Flecha Vermella" ou admirar a Torre do Maestrazgo dende o barco, tomando unha cervexa baltika e unha troita sen espiñas.

FARO DE VIGO
Texto: Fernando Franco
15 de setembro de 2006

Write Comment (4007 Comments)