| Nin listos nin parvos Cancións pros que nunca morren A rapaza das palabras de auga Nosa é a rúa Temos mil razos pra soñar espertos Dixo redondo O noso día segredo O loureiro Opinion As dúas pragas ALCABRE é un barrio moi particular, que cando chove móllase, como tódolos demais. Ten dúas praias, dous bloques de edificios, e o demais son casas pequenas con horta. De ALCABRE son as millores ameixas da ría de Vigo e a por elas veñen dende moi lonxe. Entre o matadeiro e Bouzas é donde está o banco. Agora están facendo un recheo de terra pra non sei que ampliación do porto e o conto é que no fondo do mar todo é unha lameira e todo está embarrado. Hai dous restaurantes, un deles con churrasco, e os veciños son todos xente traballadores de terra e do mar. Decir ALCABRE é decir pequeno mundo ribeireño, é decir un pequeno país de nenos xogatíns e persoas nobles. Decir ALCABRE, e pretender decilo cun disco, xa é moito máis difícil. Difícil porque no disco non se fala – concretamente – de ALCABRE, pero o asunto é que no disco fálase dende ALCABRE e por iso ALCABRE móllase como tódolos demais barrios. Suso tamén vive en ALCABRE e Pepe e Llorca viñan a ensaiar a ALCABRE. Dende a ventana mírase o mar moi perto e moi grande. Bernardo tocaba a flauta mirando pra Cangas á outra beira do mar e Piñón decía tantas veces que bonito era o lugar. A maioría das canciós foron feitas aquí, discutidas e reparadas aquí, barrenamos o conxunto do disco aquí tamén, xuntamonos a ensaialo aquí e dende aquí marchamos a MADRID. ¿Débese seguir pensando que no disco non se fala de ALCABRE? Entón, ista experiencia discográfica – pra min apasionante – chámese pra sempre ALCABRE como nome de unha esperiencia colectiva donde TÓDOLOS participantes “bailamos” as melodías que estábamos creando. Bibiano, folla promocional do disco Compoñentes: Bibiano Morón: voz, cunchas Suso Quiroga: guitarra Xoán Piñón: guitarras, efectos Florencio González (Pepe Bordallo): baixo Fernando Llorca: percusión Bernaldo Martines: flauta, pandeiro Inxenieiro de sonido: Antonio Morales Mezclas: Bibiano e Xoán Piñón Arranxos e dirección da grabación: Bibiano, Bordallo, Bernardo, Suso, Piñón, Llorca Producción: Compañía Fonográfica Española, S.A.Alain Milhaud Este disco foi feito en Alcabre, ensaiado en Molinos e San Xoán do Monte (Vigo). Grabado nos estudios AUDIOFILM, S.A. durante as noites dos días 10, 11, 12, 13, 14, e 17 de Outono de 1977. Gracias a "CALI" pola casa, polo magnetofón e polas "toallas". Fotografías: Suso Quiroga NIN LISTOS NIN PARVOS (letra: Bibiano Morón, música: Bibiano Morón) E co paso firme Hoxe avanzamos Poñendo cemento No conquistado Entramos de frente Non de costado Xa amarramos bén Os bois ó carro E co paso firme Hoxe avanzamos Poñendo cemento No conquistado Entramos de frente Non de costado Xa amarramos bén Os bois ó carro Queremos vivir Nun mundo sen escravos Sin alambradas Nin listos nin parvos Queremos vivir Nun mundo sen escravos Sin alambradas Nin listos nin parvos Sin alambradas Nin listos nin parvos Sin alambradas Nin listos nin parvos E co paso firme Hoxe avanzamos Poñendo cemento No conquistado Entramos de frente E non de costado Xa amarramos bén Os bois ó carro Tal como paxaros Que fan novo niño Plantaremos cepas Que dén novo viño Tal como paxaros Que fan novo niño Plantaremos cepas Que dén novo viño E co paso firme Hoxe avanzamos Poñendo cemento No conquistado Entramos de frente E non de costado Xa amarramos bén Os bois ó carro Queremos vivir Nun mundo sen escravos E sin alambradas Nin listos nin parvos Queremos vivir Nun mundo sen escravos E sin alambradas Nin listos nin parvos Sin alambradas Nin listos nin parvos Sin alambradas Nin listos nin parvos CANCIÓNS PROS QUE NUNCA MORREN (letra: Bibiano Morón, música: Bibiano Morón) A Paco Filgueira -Sobor dunha idea de Fernando Cuervo- Somente morren Aqueles que non deixan semente Aqueles que non deixan semente Aqueles que non deixan semente E vós deixastedes o millor De tódolos sangues Sangue, o voso sangue Sangue da terra e da lus Sangue de lus, de futuro e libertade Semente de homes novos Como vosoutros Somente morren Aqueles que non deixan semente Aqueles que non deixan semente Aqueles que non deixan semente E vós deixastedes o millor De tódolos sangues Sangue, o voso sangue Sangue da terra e da lus Sangue de lus, de futuro e libertade Semente de homes novos Como vosoutros A RAPAZA DAS PALABRAS DE AUGA (letra: Bibiano Morón, música: Suso Quiroga) Eu nunca falei contigo Rapaza das palabras de auga Eu nunca falei contigo Rapaza das palabras de auga A da mirada de espuma E dos beizos de nata O cabaliño solista Da miña orquesta de cámara Si algún día baixaras Do outo da túa ventana Si algún día baixaras Do outo da túa ventana Faría un trono no mar E unha igrexa na túa cama E estaría a mirarte Repinicando a campana Eu nunca falei contigo Rapaza das palabras de auga Eu nunca falei contigo Rapaza das palabras de auga A da mirada de espuma E dos beizos de nata O cabaliño solista Da miña orquesta de cámara NOSA É A RÚA (letra: Bibiano Morón, música: Bibiano Morón) Nosa é a terra e o sol Nosa é a lúa Se nosa é a casa e a voz Nosa é a rúa Se nosa é a terra e o sol Nosa é a lúa Se nosa é a casa e a voz Nosa é a rúa Decimos que nosa é a rúa Porque a fixemos Por iso saimos á rúa Pra ser más ceibos Porque na rúa as palabras Non teñen teito Pra que cada un de nós Ande ó seu xeito Se nosa é a terra e o sol Nosa é a lúa Se nosa é a casa e a voz Nosa é a rúa Se nosa é a terra e o sol Nosa é a lúa Se nosa é a casa e a voz Nosa é a rúa Porque nós queremos ter Máis puntos de encontro Pra que cada quen explique Como ve o conto Dos autobuses, da escola E mais dos parques E o conto da auga e da luz Pra tódalas partes TEMOS MIL RAZOS PRA SOÑAR ESPERTOS (letra: Vidal de Nicolás, música: Bibiano Morón) Soñamos, si O noso soño é moi grande Como a nosa terra Como a nosa terra Por mais que as murallas Nos escondan Temos motivos Pra seguir soñando Hoxe temos estructuras “Estructuras concretas” Sobor das que apoiar O que afirmamos Non estamos núos Nin desamparados Pola razón Nin tampouco cegos Non somos camiñantes Sin camiño nin tanteamos na noite Como denantes Connosco levamos Unha central eléutrica E estamos curtidos De levar paus e pasar fame Mais xa non temos medo Andivemos moito Dende a prehistoria Ouvindo mentiras Agora sabemos Afirmamos e negamos Preguntamos e esiximos Tercamente Agora edificamos Agora sabemos A verdade de todo O que pasa Soñamos, si, E noso soño é moi grande Como a nosa terra Como a nosa terra Como a nosa terra DIXO REDONDO (letra: Bibiano Morón, música: Bibiano Morón) O home cuadrado Do cuadrado aparato Instrumento cuadrado Do cuadrado sistema Dixo redondo... Dixo redondo... Dixo redondo... Dixo redondo... REDONDO, REDONDO Abrazámonos e bailamos REDONDO, REDONDO Abrazámonos e bailamos Bailamos a descompás De sete por cinco Pro ibamos a tempo Na melodía Que estamos creando... Que estamos creando... Que estamos creando... Que estamos creando... REDONDO, REDONDO Abrazámonos e bailamos REDONDO, REDONDO Abrazámonos e bailamos O home cuadrado Do cuadrado aparato Instrumento cuadrado Do cuadrado sistema Dixo redondo... Dixo redondo... Dixo redondo... Dixo redondo... REDONDO, REDONDO Abrazámonos e bailamos REDONDO, REDONDO Abrazámonos e bailamos O NOSO DIA SEGREDO (letra: Antón Tovar / Bibiano Morón, música: Bibiano Morón) “... por que está chegar O noso día segredo Cantai, cantai agora Cantai tódolos peitos Entón seremos donos Do roubo que fixeron O noso suor antigo Foi cavando un vieiro De paz e libertade A libertade do vento Galicia puño a puño xa conqueriu seu herdo Entón seremos donos Do roubo que fixeron Noso sudor antigo Foi cavando un vieiro...” Negámonos a estar Sempre ollando pra onte Precisamos beber Auga das novas fontes Queremos construir Novos rueiros e pontes E camiñar na libertá Da beiramar ós montes Xa está berrando o pobo A nova palabra Pra enterra-lo morto Da vella historia amarga Camiñaremos de novo Pra tumbar murallas Petando no silencio Dende as entranas Xa medra o home novo Dende as vellas barriadas Dende vilas e aldeas Por talleres e aulas De barraca en barraca E de praza en praza Deixando o lume aceso Da libertade nas fábricas O LOUREIRO (letra: Bibiano Morón, música: Bibiano Morón) Ficaba a miña espranza Pendurada nun loureiro Nun loureiro novo E os teus potentes focos Dirixidos a min E outras ponlas do loureiro Cubrían o xardín Non houbo sol no despertar Mais ben fuxida triste Xa non hai máis de que falar Namentras ti te vistes Adeus muller, hoxe non hai Non hai o “deica logo” Eu marcho xa pro meu taller E ti “pasas de todo” OPINIÓN (letra: Zé Ketil, música: Zé Ketil) Pódenme prender, pódenme bater Poden ate deixarme sin comer Que eu non mudo de opinión E do meu pobo eu non saio, non Se non hai auga Eu furo un pozo Se non hai carne Eu compro un hoso E fago unha sopa Hei de xantar, hei de xantar Fale de min quen quixera falar Eiquí eu non pago alquiler Se eu morrer mañá, meu amor Estou pertiño do ceo Pódenme prender, pódenme bater Poden ate deixarme sin comer Que eu non mudo de opinión E do meu pobo eu non saio, non Se non hai auga Eu furo un pozo Se non hai carne Eu compro un hoso E fago unha sopa Hei xantar, hei de xantar Fale de min quen quixera falar Eiquí eu non pago alquiler Se eu morrer mañá, meu amor Estou pertiño do ceo AS DÚAS PRAGAS (letra: M. Curros Enríquez, música: Bibiano Morón) Baixo dun ceo Promizo e bretemoso Unha negra montaña Baixo a montaña negra Hai unha curtiña De árboles decotada Pacendo na curtiña Hai media ducia De ovellas esfamadas E celosas gardando esas ovellas ¡Ai, esas ovellas! Murchas, tristes, as catro casas Dentro de cada casa Hai unha cociña Escura e afumada Dentro de cada cociña Hai unha fogueira Que o frío vento apaga Xunto cada fogueira, cavilosa ¡Ai cavilosa! Unha testa incrinada Dentro de cada testa Hai un pensamento De próxima fuxida, ou de venganza... ¿Qué acontece na aldea Que antes alegre estaba? Nela todo eran trouleos Bailes e fiadas Nos campos as degrúas Dos sachos e das eixadas Nos fogares as harmonías Das risas e bicos que estrelaban ¿Qué acontece na aldea? ¿Cal das sete pragas foi Aa que eiquí descargou Matando a xovialidade sana? Cravado por tres cravos Baixo a copa do cripreste da entrada Calquera pode leer este letreiro que di “Hai escribano e capellán en Cangas” Hai escribano e capellán en Cangas Hai escribano e capellán en Cangas Hai escribano e capellán en Cangas Hai escribano e capellán en Cangas Hai escribano e capellán en Cangas Hai escribano e capellán en Cangas Hai escribano e capellán en Cangas Hai escribano e capellán en Cangas |